ALaN De VaL: Dende Valdeorras ao Finis Terrae. Un viño de ToDa GaLiCiA

Publicado agosto 10, 2026 1:13 pm, en

Se as raíces son importantes, tamén o son as ramas!

E ata onde poden chegar!

Contareivos unha historia que me leva a Valdeorras con moita frecuencia, e sen sair da Costa da Morte.

As amizades é o que teñen!

Unha rama da familia Cespón afincada en Cee dende fai moitas décadas, concretamente Juan Cespón emparentou con Meli Ojea que provén de Valdeorras onde os avos tiñan terras, viñas…

A necesidade de seguir ampliando a bodega fixo que chegaran a un acordo que foi o que fixo que Alan de Val chegase ao Finis Terrae.

A un mesón, O Rodelo, antigo O Anxelo, xestionado por outra das ramas da familia Cespón Ojea, chegou a Cee este maravilloso viño mencía que eu comecei a coñecer cunha das suas excepcionais referencias, Pedrazais!
Logo chegaría a garnacha, escada…

Estou escribindo, e ao mesmo tempo salivando, coas imáxenes e sensacións que aínda me fan lembrar!

A partir dese momento na miña psique xa había unha conexión emocional.

Veciños de Cee con familia en Valdeorras obraran a milagre!

Que a Costa da Morte tamén tivese un viño!

Ata o de agora non hai outra relación, que eu saiba, desta terra cos caldos galegos.

Así somos os aborixes, que logo nos implicamos en proxectos que nos emocionan.

O seguinte foi rodado. A necesidade de divulgalo fixo que acabáramos creando unha cuña radiofónica que eu mismo elaborei (non é presumir, é demostrar o nivel de implicación).

O Resto é historia: entrevista a Joaquín, algún que outro viño compartido…
Ata que un día, logo de bastantes anos, por non dicir décadas, volvemos a coincidir, neste caso no Hotel Finisterre na Coruña. Tamén é casualidade!

Joaquín e a sua dona estaban participando nun dos moitos eventos enolóxicos que afortunadamente hai, detrás do seu expositor, e cunha cara de orgullo que ben se podía saborear ao igual cos seus viños!

Pepe Formoso y Joaquín de Alan de Val brindando con vino

Logo dos saudos e apertas oportunas, fíxome que me fixara nos seus viños por se era capaz de recoñecer ou identificar algo…

E claro que recoñecín, logo de probalos. Que seguían tendo esa esencia e ese gusto que xa levaba un tempo sen lembrar, por certo.

Non é iso! Dime Joaquín.
Mira a etiqueta, continuou.

Gústache a lenda?

Logo de lela un par de veces asentín. Gústame!

E espetoume inmediatamente: É tua! Da tua autoría!
O cal me fixo lembrar que na miña carreira como xornalista, a publicidade era unha das cousas que máis me gustaba.

Por certo, con varios premios e recoñecementos a nivel autonómico (non ter avoa obrígame a contalo).

E todo este tempo, sen sabelo e sen cobrar dereitos de autor! contesteille coa mesma rapidez!

Eso arranxáamolo cuns viños, dixo Joaquín!

FEITO! dixen

E quedou asinado verbalmente un acordo. Como os de antes. Só había que darse a man e celebralo.

Algún outro viño foi chegando a casa para a sorpresa dun aborixe entregado á causa.

Logo de moitas gargalladas e algún que outro viño máis, quedou establecida unha relación de por vida, que un servidor ten con Alán de Val e con Valdeorras!!
E coa promesa dunha pronta visita á bodega.

Que por certo, ao principio a lenda só estaba nun dos viños, creo recordar. Agora fanme saber os amigos, que coñecen a historia, que aparece tamén nas botellas de Godello.

Teremos que reaxustar o contrato!!!
Outras risada máis!

E agora, valorade vós se esta parrafada pagou a pena.

 

É difícil embotellar o sabor dunha terra…
…pero ás veces é posible!

 

 

Pepe Formoso (Cee, 1967) é xornalista e empresario de turismo con establecementos en Fisterra, Muxía e Lira, Carnota. BELA FISTERRA, BELA MUXÍA e PORTOCUBELA.
Presidente de APTCM (Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte). E bebedor de Alan de Val